Saltar ao contido principal

VISITA DO FARMACÉUTICO ALBERTO LÁZARA.

 O 7 de abril conmemórase o Día Mundial da Saúde. Para celebralo, no colexio organizamos un parladoiro contando coa colaboración do noso farmacéutico Alberto Lázara Viéitez, que nos informou sobre a importancia de practicar hábitos de vida saudables como medida preventiva de posibles enfermidades.Tamén nos explicou as distintas funcións que desempeña un farmacéutico e un óptico.

Alberto é unha persoa polifacética, toca a trompeta na banda de Silleda, baila no grupo tradicional Xirandola de Bandeira e amais gústalle o teatro e o canto. Posúe un dobre grao en farmacia e óptica. Recentemente asumiu a titularidade da farmacia de Prado, ubicada na casa natal da súa avoa Victoria Failde.

Moitas grazas Alberto polos teus bos consellos!!









Comentarios

Publicacións populares deste blog

DÍA DO LIBRO CON SUSA HERRERA.

    O Día Internacional do Libro foi fixado pola   UNESCO no ano   1995 para fomentar a cultura literaria e protexer a propiedade intelectual; tendo como obxectivo apoiar a creatividade, a diversidade e a igualdade de acceso ao coñecemento. Escolleuse esta data porque coincide co pasamento de tres grandes autores da literatura universal, como foron: William Shakespeare, Garcilaso de la Vega e Miguel de Cervantes .  En Cataluña a xornada cadra tamén co Día de Sant Jordi, onde a tradición agasalla cunha rosa e un libro. No colexio conmemoramos o Día do Libro coa visita de Susa Herrera. Ela naceu en Santander e adicou a súa traxectoria profesional á docencia e á divulgación musical. Foi profesora titular de Expresión Musical na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte do campus de Pontevedra. É autora de moitos contos para nenos e nenas e leva toda a vida demostrando que os contos tamén se cantan e ademáis pódense bailar. Agora está xubilada, máis segu...

OS PITIÑOS CAMBIARON DE CASA

 Os pitiños xa teñen 15 días e están moi grandes, por iso hoxe preparamos unha nova casiña no almacen dos xoguetes. Agora van ter máis espazo para moverse.