Saltar ao contido principal

Publicacións

ECONOMÍA CIRCULAR. 2º DE PRIMARIA.

Continuamos coas exposicións de temática medioambiental relacionadas co proxecto de centro  "Coida do clima, coida dos teus".   2º de primaria foi o curso encargado de proseguir o proceso expositivo co seu traballo "A Economía Circular" conmemorando así o Día Internacional do Consumo Responsable que se celebrou o 15 de marzo.  A economía circular é vital para combatir o cambio climático xa que aborda o 70% das emisións globais de gases de efecto invernadoiro derivadas da extración e uso de materiais. Ao reutilizar, reparar e reciclar produtos redúcese a necesidade de recursos virxenes, disminuindo a enerxía e a contaminación asociadas. Podemos considerar o noso sistema económico actual como unha economía "lineal", un modelo que extrae materia prima da natureza, creando produtos a partir dela e cando xa non serven tíranse como residuos. Esto produce un impacto significativo sobre o medio ambiente, agravando a crise climática, a pérdida de biodiversidade e p...

CENORIAS NA HORTA. INFANTIL DE 4 ANOS.

 O alumnado de 4 anos de infantil plantou cenorias no bancal da horta, xas transplantaron grandes, así medran máis rápido para podelas levar pronto para as súas casas.                                        

ALLOS NA HORTA.

  O alumnado de 4º de infantil transplantou no bancal os allos que sementara previamente nos testos da clase fai un tempo.                                                                             

TRAMPEO DE VELUTINAS.

  Xa entrou a primavera e no colexio preparamos esta semana o líquido atraente para o trampeo das avespas velutinas. A rapazada de infantil foi a encargada de facer a mestura utilizando: -5 litros de auga. - 50 gramos de levadura de panadería. - 2 kilos de azucre. Foron mesturando ben os ingredientes, botaron o líquido nas trampas e colgáronas para a partir de agora facer unha supervisión e rexistro dos exemplares capturados.