Temos a sorte de estar nun colexio situado nunha contorna con moita riqueza natural, e isto fai posible que de vez en cando poidamos observar algún animaliño que se achega ao noso centro. Hoxe pola mañá, cerca do areeiro apareceu unha toupa que probablemente cazou algún gatiño da veciñanza. Aproveitamos a situación para observar as características físicas do exemplar e investigar, a partir de hoxe, un pouco máis, sobre este mamífero. Tamén recordamos a canción e o conto : "A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza" de Werner Holzworth e Wolf Erlbruc. A toupa común é abondosa en Galicia. Atópase nos prados case de calquera lugar, preto dos ríos ou regatos ou non, excavando galerías. Aliméntase de insectos e miocas preferentemente, gústanlle tamén as larvas, os vermes, os grilos, etc. Soe ser solitaria e nas galerías, que son moi longas, ten de todo: a despensa, o dormitorio, o niño, en fin, que o monta moi ben. É unha auténtica ...