Saltar ao contido principal

A TOUPIÑA

 Temos a sorte de estar nun colexio situado nunha contorna con moita riqueza natural, e isto fai posible que de vez en cando poidamos observar algún animaliño que se achega ao noso centro. Hoxe pola mañá, cerca do areeiro apareceu unha toupa que probablemente cazou algún gatiño da veciñanza. Aproveitamos a situación para observar as características físicas do exemplar e investigar, a partir de hoxe, un pouco máis, sobre este mamífero. Tamén recordamos a canción e o conto : "A toupiña que quería saber  quen lle fixera aquilo na cabeza" de  Werner Holzworth e Wolf Erlbruc.

A toupa común é abondosa en Galicia. Atópase nos prados case de calquera lugar, preto dos ríos ou regatos ou non,  excavando galerías. Aliméntase de insectos e miocas preferentemente, gústanlle tamén as larvas, os vermes, os grilos, etc.

Soe ser solitaria e nas galerías, que son moi longas, ten de todo: a despensa, o dormitorio, o niño, en fin,  que o monta moi ben. É unha auténtica sibarita da terra.

A verdade é que as súas mans son como "pás excavadoras" último modelo.  Por certo a toupa máis común en Galicia é máis pequena cá europea, pero ten as pás máis grandes.

Ás veces deixan os prados que parecen unha paisaxe lunar. Ao dono non lle fai gracia ningunha...






Comentarios

Publicacións populares deste blog

ECONOMÍA CIRCULAR. 2º DE PRIMARIA.

Continuamos coas exposicións de temática medioambiental relacionadas co proxecto de centro  "Coida do clima, coida dos teus".   2º de primaria foi o curso encargado de proseguir o proceso expositivo co seu traballo "A Economía Circular" conmemorando así o Día Internacional do Consumo Responsable que se celebrou o 15 de marzo.  A economía circular é vital para combatir o cambio climático xa que aborda o 70% das emisións globais de gases de efecto invernadoiro derivadas da extración e uso de materiais. Ao reutilizar, reparar e reciclar produtos redúcese a necesidade de recursos virxenes, disminuindo a enerxía e a contaminación asociadas. Podemos considerar o noso sistema económico actual como unha economía "lineal", un modelo que extrae materia prima da natureza, creando produtos a partir dela e cando xa non serven tíranse como residuos. Esto produce un impacto significativo sobre o medio ambiente, agravando a crise climática, a pérdida de biodiversidade e p...

DÍA DO LIBRO CON SUSA HERRERA.

    O Día Internacional do Libro foi fixado pola   UNESCO no ano   1995 para fomentar a cultura literaria e protexer a propiedade intelectual; tendo como obxectivo apoiar a creatividade, a diversidade e a igualdade de acceso ao coñecemento. Escolleuse esta data porque coincide co pasamento de tres grandes autores da literatura universal, como foron: William Shakespeare, Garcilaso de la Vega e Miguel de Cervantes .  En Cataluña a xornada cadra tamén co Día de Sant Jordi, onde a tradición agasalla cunha rosa e un libro. No colexio conmemoramos o Día do Libro coa visita de Susa Herrera. Ela naceu en Santander e adicou a súa traxectoria profesional á docencia e á divulgación musical. Foi profesora titular de Expresión Musical na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte do campus de Pontevedra. É autora de moitos contos para nenos e nenas e leva toda a vida demostrando que os contos tamén se cantan e ademáis pódense bailar. Agora está xubilada, máis segu...

ACOLLIDA DO NOVO ALUMNADO DE INFANTIL

 Hoxe na nosa Aula da Natureza fixemos a acollida do alumnado de nova incorporación para o novo curso de 4º de infantil. Comezouse  cunha actividade de benvida con fotos destes novos nenos e nenas ,  despois fixeron outra actividade titulada "Abrazo á árbore",  que consistía en abrazar distintas árbores con cintas elásticas de cores, tamén   compartiron cancións, xogos e  unha merenda saudable na nosa fermosa carballeira.