O 23 de abril conmemórase o Día do Libro e no colexio decidimos facer as lecturas no exterior. Cada curso escolleu un espazo para poder gozar das lecturas ao aire libre e rodeados de natureza. Ademáis aproveitamos o día para poñer en marcha, de novo, o Tren de Lectura, que saíu cargado de libro dende a biblioteca para que o alumnado teña a opción de ler durante o recreo no exterior a partir de agora.
Continuamos coas exposicións de temática medioambiental relacionadas co proxecto de centro "Coida do clima, coida dos teus". 2º de primaria foi o curso encargado de proseguir o proceso expositivo co seu traballo "A Economía Circular" conmemorando así o Día Internacional do Consumo Responsable que se celebrou o 15 de marzo. A economía circular é vital para combatir o cambio climático xa que aborda o 70% das emisións globais de gases de efecto invernadoiro derivadas da extración e uso de materiais. Ao reutilizar, reparar e reciclar produtos redúcese a necesidade de recursos virxenes, disminuindo a enerxía e a contaminación asociadas. Podemos considerar o noso sistema económico actual como unha economía "lineal", un modelo que extrae materia prima da natureza, creando produtos a partir dela e cando xa non serven tíranse como residuos. Esto produce un impacto significativo sobre o medio ambiente, agravando a crise climática, a pérdida de biodiversidade e p...

















































Comentarios
Publicar un comentario