Despois de visitar o MUV (Museo Virtual na escola rural) e idear as súas composicións con elementos da natureza, os nenos e nenas de primeiro e segundo de primaria decidiron poñerlles sons a ditas composicións. Fixeron creacións empregando os sons corporais, os instrumentos de pequena percusión que temos na clase de música, as frautas doces e tamén gravaron sons da natureza en colaboración coas súas familias.
Estas son as creacións de 1º de primaria:
En 2º de primaria buscaron follas das árbores do patio e despois fixeron un herbario cunha pequena información:


Comentarios
Publicar un comentario