Saltar ao contido principal

OS PITIÑOS XA SAÍRON Á RAIOLA

 Os pitiños da raza galiña de Mós xa medraron moito e seguindo os sabios consellos de  dous excelentes veterinarios especializados en aves de curral, como son: Diego de AVIMÓS e Jorge Varela, un dos papás do colexio, sacámolos  fóra do seu caixón de madeira para que poidesen gozar dos raios de sol, fortalecendo así as patas e picando nas herbas do patio. Levan dous días desfrutando do contacto coa natureza e afacéndose ao seu novo galiñeiro exterior, no que traballou, o noso  mañoso conserxe, Fernando Rodríguez. Tamén queremos agrader a colaboración desinteresada por parte do carpinteiro Carlos Framiñán, que donou a cancela e os postes do cerrado. 

Moitísimas grazas a todos vós, por cooperar no coidado das aves e na construción do noso femoso galiñeiro!!














Comentarios

Publicacións populares deste blog

DÍA DO LIBRO CON SUSA HERRERA.

    O Día Internacional do Libro foi fixado pola   UNESCO no ano   1995 para fomentar a cultura literaria e protexer a propiedade intelectual; tendo como obxectivo apoiar a creatividade, a diversidade e a igualdade de acceso ao coñecemento. Escolleuse esta data porque coincide co pasamento de tres grandes autores da literatura universal, como foron: William Shakespeare, Garcilaso de la Vega e Miguel de Cervantes .  En Cataluña a xornada cadra tamén co Día de Sant Jordi, onde a tradición agasalla cunha rosa e un libro. No colexio conmemoramos o Día do Libro coa visita de Susa Herrera. Ela naceu en Santander e adicou a súa traxectoria profesional á docencia e á divulgación musical. Foi profesora titular de Expresión Musical na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte do campus de Pontevedra. É autora de moitos contos para nenos e nenas e leva toda a vida demostrando que os contos tamén se cantan e ademáis pódense bailar. Agora está xubilada, máis segu...

OS PITIÑOS CAMBIARON DE CASA

 Os pitiños xa teñen 15 días e están moi grandes, por iso hoxe preparamos unha nova casiña no almacen dos xoguetes. Agora van ter máis espazo para moverse.

OS PITOS NO GALIÑEIRO

 Como os pitiños xa están moi grandes, hoxe a rapazada de 6º de infantil fixo o traslado ao galiñeiro. A partir de agora xa van poder andar por fóra e picar na herba. Que ben o van a pasar!!