O concello de Lalín pon en marcha unha campaña pola reciclaxe de residuos orgánicos co obxectivo de animar á poboación de Lalín a separar o lixo orgánico e repartindo 1200 cubos de biorresiduos na veciñanza do centro urbano. Esta semana o alumnado dos centros educativos puido recibir información por parte de dúas técnicas do Departamento de Medio Ambiente sobre o colector marrón, a importación de reciclar e separar o lixo.
Continuamos coas exposicións de temática medioambiental relacionadas co proxecto de centro "Coida do clima, coida dos teus". 2º de primaria foi o curso encargado de proseguir o proceso expositivo co seu traballo "A Economía Circular" conmemorando así o Día Internacional do Concumo Responsable que se celebrou o 15 de marzo. A economía circular é vital para combatir o cambio climático xa que aborda o 70% das emisións globais de gases de efecto invernadoiro derivadas da extración e uso de materiais. Ao reutilizar, reparar e reciclar produtos redúcese a necesidade de recursos virxenes, disminuindo a enerxía e a contaminación asociadas. Podemos considerar o noso sistema económico actual como unha economía "lineal", un modelo que extrae materia prima da natureza, creando produtos a partir dela e cando xa non serven tíranse como residuos. Esto produce un impacto significativo sobre o medio ambiente, agravando a crise climática, a pérdida de biodiversidade e p...



Comentarios
Publicar un comentario