Saltar ao contido principal

DÍA I. CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.


Cada 25 de novembro reunímonos para conmemorar e visibilizar a loita contra a violencia e xénero. No CEIP Xoaquín Loriga de Prado sumámonos a esta repulsa e continuaremos traballando día a día para promover a igualdade e o respecto entre as persoas para poder acadar un mundo máis xusto e igualitario.

O alumnado de 6º EP contribuiu a este rexeitamento social facendo unha representación crítica aos contos tradicionais de princesas e príncipes, coa finalidade de construír un modelo formativo capaz de englobar por igual o feminino e o masculino, para que se imparta unha coeducación real, sen estereotipos sexistas, xa que son os piares básicos para erradicar a violencia de xénero na sociedade.

Os nenos e nenas de educación infantil tamén quixeron poñer voz “contra  a violencia de xénero”. Xuntos falaron e chegaron a acordos sobre aqueles comportamentos que debían evitar e pola contra aqueles que lle axudarían a convivir . Con respecto e tolerancia. Porque a educación contra a violencia de xénero comeza desde pequeniños. Teñamos en conta a súa voz.

O alumnado de 1º de primaria conmemorou esta data tinguindo unha sábana con auga de remolacha.




















Comentarios

Publicacións populares deste blog

DÍA DO LIBRO CON SUSA HERRERA.

    O Día Internacional do Libro foi fixado pola   UNESCO no ano   1995 para fomentar a cultura literaria e protexer a propiedade intelectual; tendo como obxectivo apoiar a creatividade, a diversidade e a igualdade de acceso ao coñecemento. Escolleuse esta data porque coincide co pasamento de tres grandes autores da literatura universal, como foron: William Shakespeare, Garcilaso de la Vega e Miguel de Cervantes .  En Cataluña a xornada cadra tamén co Día de Sant Jordi, onde a tradición agasalla cunha rosa e un libro. No colexio conmemoramos o Día do Libro coa visita de Susa Herrera. Ela naceu en Santander e adicou a súa traxectoria profesional á docencia e á divulgación musical. Foi profesora titular de Expresión Musical na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte do campus de Pontevedra. É autora de moitos contos para nenos e nenas e leva toda a vida demostrando que os contos tamén se cantan e ademáis pódense bailar. Agora está xubilada, máis segu...

OS PITIÑOS CAMBIARON DE CASA

 Os pitiños xa teñen 15 días e están moi grandes, por iso hoxe preparamos unha nova casiña no almacen dos xoguetes. Agora van ter máis espazo para moverse.

OS PITOS NO GALIÑEIRO

 Como os pitiños xa están moi grandes, hoxe a rapazada de 6º de infantil fixo o traslado ao galiñeiro. A partir de agora xa van poder andar por fóra e picar na herba. Que ben o van a pasar!!