Continuamos coas exposicións de temática medioambiental relacionadas co proxecto de centro "Coida do clima, coida dos teus".
5º de primaria foi o curso encargado de proseguir o proceso expositivo co seu traballo "Os incendios forestais" conmemorando o Día Internacional do Combatente dos Incendios Forestais, 4 de maio. Acompañaron a exposión oral con maquetas que reflexaban a acción do lume sobre os ecosistemas, para a súa elaboración contaron co apoio familiar. Explicaron que na actualidade estanse a producir incendios moi virulentos, que se volven incontrolables e impredicibles, son os chamados "incendios de sexta xeración" que teñen estreita relación co cambio climático. Os incendios non só queiman o presente, senón que tamén queiman o pasado e o futuro, destruen ecosistemas que levaban existindo centos de anos e que nunca volverán a ser como eran, fan que se perdan especies autóctonas e contaminan a auga e o aire.
















Comentarios
Publicar un comentario