Saltar ao contido principal

DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA

 

 O 30 de xaneiro festexamos o Día da Paz e non Violencia. Cada curso fixo un traballo escrito no que relacionou a súa temática medioambiental (a reciclaxe, a auga, as estacións, o clima, as abellas, a paisaxe, a lúa e o sol) dentro do proxecto de Voz Natura e PLAMBE titulado "Compromiso co medio que nos rodea"  coa situación que ten actualmente Ucraína. Con todos eses traballos fíxose un mural que se colocará na entrada do colexio. Despois escoitamos un fragmento da obra "A gran porta de Kiev" do compositor ruso Modest Mussorgsky e rematamos cantando a canción "El Progreso" do brasileiro Roberto Carlos.





Comentarios

Publicacións populares deste blog

DÍA DO LIBRO CON SUSA HERRERA.

    O Día Internacional do Libro foi fixado pola   UNESCO no ano   1995 para fomentar a cultura literaria e protexer a propiedade intelectual; tendo como obxectivo apoiar a creatividade, a diversidade e a igualdade de acceso ao coñecemento. Escolleuse esta data porque coincide co pasamento de tres grandes autores da literatura universal, como foron: William Shakespeare, Garcilaso de la Vega e Miguel de Cervantes .  En Cataluña a xornada cadra tamén co Día de Sant Jordi, onde a tradición agasalla cunha rosa e un libro. No colexio conmemoramos o Día do Libro coa visita de Susa Herrera. Ela naceu en Santander e adicou a súa traxectoria profesional á docencia e á divulgación musical. Foi profesora titular de Expresión Musical na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte do campus de Pontevedra. É autora de moitos contos para nenos e nenas e leva toda a vida demostrando que os contos tamén se cantan e ademáis pódense bailar. Agora está xubilada, máis segu...

OS PITIÑOS CAMBIARON DE CASA

 Os pitiños xa teñen 15 días e están moi grandes, por iso hoxe preparamos unha nova casiña no almacen dos xoguetes. Agora van ter máis espazo para moverse.