Este luns, día 20 de marzo, deu comezo a estación da primavera, por iso, o grupo de 1º de primaria elexíu esta data para presentar o seu traballo sobre as estacións englobado dentro do proxecto: "Compromiso co medio que nos rodea". Os nenos e nenas repartidos en grupos, presentaron as 4 estacións, foron expoñendo as características e cambios que se producen en cada etapa ao longo do ano, ademáis deleitáronnos con dúas cantigas moi primaverales.
Continuamos coas exposicións de temática medioambiental relacionadas co proxecto de centro "Coida do clima, coida dos teus". 2º de primaria foi o curso encargado de proseguir o proceso expositivo co seu traballo "A Economía Circular" conmemorando así o Día Internacional do Consumo Responsable que se celebrou o 15 de marzo. A economía circular é vital para combatir o cambio climático xa que aborda o 70% das emisións globais de gases de efecto invernadoiro derivadas da extración e uso de materiais. Ao reutilizar, reparar e reciclar produtos redúcese a necesidade de recursos virxenes, disminuindo a enerxía e a contaminación asociadas. Podemos considerar o noso sistema económico actual como unha economía "lineal", un modelo que extrae materia prima da natureza, creando produtos a partir dela e cando xa non serven tíranse como residuos. Esto produce un impacto significativo sobre o medio ambiente, agravando a crise climática, a pérdida de biodiversidade e p...






Comentarios
Publicar un comentario