Dende o 20 de marzo ao 20 de abril poderemos gozar cos contos da maleta literaria do CEIDA dirixida aos nenos e nenas de infantil e 1º ciclo de primaria.
A maleta literaria é unha colección de contos para achegarse á natureza a través da literatura. Trátase dunha selección de recursos motivadores para a educación ambiental, mais tamén para a animación á lectura, para imaxinar, divertirse, e emocionarse coas súas personaxes e historias.
A maleta literaria pretende que os nenos e nenas de idades temperás se acheguen a mundos máxicos que están moito máis preto do que se imaxinan. Coñecerán criaturas e seres incribles que son imprescindibles para a vida na terra. E aprenderán a relacionarse co mundo que lles rodea. Porque a lectura pode ser unha ferramenta marabillosa para conectar coa natureza.
O alumnado do centro fixo unha morea de actividades cos contos desta maleta literaria.
Comentarios
Publicar un comentario