Do 6 ao 16 de marzo celebramos no colexio a Semana da Prensa. Ata o día 9 cada clase buscou unha noticia medioambiental vinculada ao seu tema dentro do proxecto de centro "Compromiso co medio que nos rodea". A partir do día 9, durante os seis días seguintes, fomos lendo e rotando cada día, despois do recreo e na Hora de Ler, as noticias elaboradas por todos os cursos. Por último, fixemos un libro con todos estos artigos de prensa que permanecerá na biblioteca para ser ollado.
Continuamos coas exposicións de temática medioambiental relacionadas co proxecto de centro "Coida do clima, coida dos teus". 2º de primaria foi o curso encargado de proseguir o proceso expositivo co seu traballo "A Economía Circular" conmemorando así o Día Internacional do Consumo Responsable que se celebrou o 15 de marzo. A economía circular é vital para combatir o cambio climático xa que aborda o 70% das emisións globais de gases de efecto invernadoiro derivadas da extración e uso de materiais. Ao reutilizar, reparar e reciclar produtos redúcese a necesidade de recursos virxenes, disminuindo a enerxía e a contaminación asociadas. Podemos considerar o noso sistema económico actual como unha economía "lineal", un modelo que extrae materia prima da natureza, creando produtos a partir dela e cando xa non serven tíranse como residuos. Esto produce un impacto significativo sobre o medio ambiente, agravando a crise climática, a pérdida de biodiversidade e p...









Comentarios
Publicar un comentario