Dende o 13 ao 17 de febreiro celebramos a semana de entroido no colexio coas mandas entroideiras que nos aconsellaban reutilizar e reciclar distintos elementos para podernos disfrazar. Xa o venres fixemos desfile, baile libre e cantamos unha regueifa moi axeitada ao proxecto medioambiental que abordamos neste curso.
Comentarios
Publicar un comentario