Xa pasou máis dunha semana dende que colocamos as trampas das velutinas e estos días fixemos o primeiro reconto. A clase de infantil de 5 anos foi a que máis xuntou, na trampa comercial había 40 velutinas e na botella reutilizada había 25, tamén atoparon 2 avespas comúns. Os nenos e nenas de 4 anos xuntaron na comercial 28 e na botella1 velutina, tamén atoparon 1 avespa común. Por último a clase de 3 anos foi a que menos reuneu, 26 na comercial e 3 na botella, tamén 1 avespa común. Temos que destacar que non atopamos ningunha avespa crabo. Quedamos abraiados e abraiadas de tantas avespas, en total 123 velutinas!!!
Continuamos coas exposicións de temática medioambiental relacionadas co proxecto de centro "Coida do clima, coida dos teus". 2º de primaria foi o curso encargado de proseguir o proceso expositivo co seu traballo "A Economía Circular" conmemorando así o Día Internacional do Consumo Responsable que se celebrou o 15 de marzo. A economía circular é vital para combatir o cambio climático xa que aborda o 70% das emisións globais de gases de efecto invernadoiro derivadas da extración e uso de materiais. Ao reutilizar, reparar e reciclar produtos redúcese a necesidade de recursos virxenes, disminuindo a enerxía e a contaminación asociadas. Podemos considerar o noso sistema económico actual como unha economía "lineal", un modelo que extrae materia prima da natureza, creando produtos a partir dela e cando xa non serven tíranse como residuos. Esto produce un impacto significativo sobre o medio ambiente, agravando a crise climática, a pérdida de biodiversidade e p...





















Comentarios
Publicar un comentario