Como estes días fai tan bo tempo, os nenos e nenas de 5 anos de infantil puxéronse a transplantar tomates no seu bancal. Fixeron os buratos, despois meteron os tomates, achegáronlle a terra, regáronos e remataron colocando uns ramallos para protexelos do sol e das inclemencias meteorolóxicas. Moi bo traballo.
Tamén puidemos observar distintos insectos que temos no patio a través dunhas caixas transparentes e empregando unhas lentes de aumento. Por último soltamos os insectos pola natureza. Foi moi entretido.
Comentarios
Publicar un comentario