Nestas derradeiras semanas de abril o alumnado de 4º de primaria está preparando o seu bancal da horta. Primeiro tiveron que arrincar o nabicol, que xa estaba espigado, despois partiron as patacas para botar nun extremo do bancal e no outro transplantaron tomates. Remataron regando e poñéndolles uns ramallos para protexelos do sol. Tamén andiveron limpando os testos das plantas do pozo e quitando as malas herbas. Moito traballaron.
Continuamos coas exposicións de temática medioambiental relacionadas co proxecto de centro "Coida do clima, coida dos teus". 2º de primaria foi o curso encargado de proseguir o proceso expositivo co seu traballo "A Economía Circular" conmemorando así o Día Internacional do Consumo Responsable que se celebrou o 15 de marzo. A economía circular é vital para combatir o cambio climático xa que aborda o 70% das emisións globais de gases de efecto invernadoiro derivadas da extración e uso de materiais. Ao reutilizar, reparar e reciclar produtos redúcese a necesidade de recursos virxenes, disminuindo a enerxía e a contaminación asociadas. Podemos considerar o noso sistema económico actual como unha economía "lineal", un modelo que extrae materia prima da natureza, creando produtos a partir dela e cando xa non serven tíranse como residuos. Esto produce un impacto significativo sobre o medio ambiente, agravando a crise climática, a pérdida de biodiversidade e p...


















Comentarios
Publicar un comentario