Saltar ao contido principal

COLOCANDO AS CASIÑAS DOS PAXAROS

Xa chegou a primavera, e con ela os cantos dos paxaros cóbrennos de ledicia cada día. Como queremos que na carballeira do noso colexio aniñen unha morea de paxariños estivemos colocando unhas bonitas casiñas de madeira. Os paxaros amais  de dar femosura á nosa paisaxe coa súa plumaxe vistosa e entreternos cos súas belas cantigas, estamos sabedores dos seus múltiples beneficios:

  • controlan plagas: aliméntanse de todo tipo de insectos, sobre todo os que atacan ás plantas.
  • polinizan flores: paxaros coma os colibrís, ouriolos.... chupan o néctar das flores e convírtense en excelentes polinizadores.
  • controlan as malas herbas: os mais comúns coma os pardais ou pinzóns aliméntanse de sementes que se consideran maleza.
  • conservan o medioambiente: ao ter paxaros no patio créase un ecosistema saudable, protexendo especies vexetais e animais. 
  • aumentan o valor paisaxístico: ver aves e plantas convivir en harmonía xenera un gran valor á contorna. Todo un espetáculo de cor e cantos revoando.
As casiñas colgámolas das pólas dos carballos a partir de 2,5 m de altura e cunha orientación sueste. Así poderemos observar os paxaros dende lonxe e sen molestalos, evitando tamén que os depredadores poidan entrar con facilidade. 










Comentarios

Publicacións populares deste blog

DÍA DO LIBRO CON SUSA HERRERA.

    O Día Internacional do Libro foi fixado pola   UNESCO no ano   1995 para fomentar a cultura literaria e protexer a propiedade intelectual; tendo como obxectivo apoiar a creatividade, a diversidade e a igualdade de acceso ao coñecemento. Escolleuse esta data porque coincide co pasamento de tres grandes autores da literatura universal, como foron: William Shakespeare, Garcilaso de la Vega e Miguel de Cervantes .  En Cataluña a xornada cadra tamén co Día de Sant Jordi, onde a tradición agasalla cunha rosa e un libro. No colexio conmemoramos o Día do Libro coa visita de Susa Herrera. Ela naceu en Santander e adicou a súa traxectoria profesional á docencia e á divulgación musical. Foi profesora titular de Expresión Musical na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte do campus de Pontevedra. É autora de moitos contos para nenos e nenas e leva toda a vida demostrando que os contos tamén se cantan e ademáis pódense bailar. Agora está xubilada, máis segu...

OS PITIÑOS CAMBIARON DE CASA

 Os pitiños xa teñen 15 días e están moi grandes, por iso hoxe preparamos unha nova casiña no almacen dos xoguetes. Agora van ter máis espazo para moverse.