Saltar ao contido principal

OBRADOIRO CON EDUCALECRÍN

 Hoxe acompañáronnos Natalia e Verónica da cooperativa Educalecrín para falarnos da importancia da auga. Esta actividade estaba dirixida ao alumnado de 5º e 6º de primaria e subvencionada pola Concellería de Medio Ambiente  de Lalín.

Comezaron cunha introdución teórica sobre a importancia da auga, xa que é un elemento  vital para o noso planeta, pois  hai ecosistemas inteiros que dependen totalmente dela. Cando nun ecosistema acuático a auga é cristalina e inodora indica que non hai contaminación, pola contra, cando hai  moita vexetación na auga do río, debido á abundancia de nitratos e fósforo é mostra dun  alto nivel de contaminación.

Nos ecosistemas saudables predominan especies arbóreas coma os ameneiros,  as súas follas e cortiza  empréganse como tintes naturais. A fauna que habita nesta contorna adoita ser: a londra, a tartaruga común, o sapo común, o zapateiro ( gerris lacustris), as libélulas, as troitas e os peixes. 

As augas contamínanse debido á mala prácticas da industria, ao aumento das temperaturas, ao uso de pesticidas na agricultura e á deforestación. Debemos de mudar os nosos actos: usar nutrientes e pesticidas naturais, mellorar o tratamento das augas residuais, acabar coa deforestación, facer que a agricultura e a industria sexan máis sostibles e reducir o consumo de plásticos.

Despois xa pasaron á parte práctica. Observamos o ph dos líquidos facendo experimentos,  mesturaron  a auga da lombarda cocida con outros produtos coma:  o vinagre,  o limón, a lixivia, o bicarbonato e  a auga da chuvia, decatándonos sorprendentemente como a mestura iba mudando de cor. Remataron realizando unha morea de actividades en pequeno e gran grupo, nas que o alumnado tivo que recordar os conceptos traballados para resolver as actividades. Resultou unha actividade moi interesante e motivadora.













Comentarios

Publicacións populares deste blog

ECONOMÍA CIRCULAR. 2º DE PRIMARIA.

Continuamos coas exposicións de temática medioambiental relacionadas co proxecto de centro  "Coida do clima, coida dos teus".   2º de primaria foi o curso encargado de proseguir o proceso expositivo co seu traballo "A Economía Circular" conmemorando así o Día Internacional do Consumo Responsable que se celebrou o 15 de marzo.  A economía circular é vital para combatir o cambio climático xa que aborda o 70% das emisións globais de gases de efecto invernadoiro derivadas da extración e uso de materiais. Ao reutilizar, reparar e reciclar produtos redúcese a necesidade de recursos virxenes, disminuindo a enerxía e a contaminación asociadas. Podemos considerar o noso sistema económico actual como unha economía "lineal", un modelo que extrae materia prima da natureza, creando produtos a partir dela e cando xa non serven tíranse como residuos. Esto produce un impacto significativo sobre o medio ambiente, agravando a crise climática, a pérdida de biodiversidade e p...

DÍA DO LIBRO CON SUSA HERRERA.

    O Día Internacional do Libro foi fixado pola   UNESCO no ano   1995 para fomentar a cultura literaria e protexer a propiedade intelectual; tendo como obxectivo apoiar a creatividade, a diversidade e a igualdade de acceso ao coñecemento. Escolleuse esta data porque coincide co pasamento de tres grandes autores da literatura universal, como foron: William Shakespeare, Garcilaso de la Vega e Miguel de Cervantes .  En Cataluña a xornada cadra tamén co Día de Sant Jordi, onde a tradición agasalla cunha rosa e un libro. No colexio conmemoramos o Día do Libro coa visita de Susa Herrera. Ela naceu en Santander e adicou a súa traxectoria profesional á docencia e á divulgación musical. Foi profesora titular de Expresión Musical na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte do campus de Pontevedra. É autora de moitos contos para nenos e nenas e leva toda a vida demostrando que os contos tamén se cantan e ademáis pódense bailar. Agora está xubilada, máis segu...

ASOCIACIÓN VECIÑAL BOLARQUEIRA DE NOCEDA.

 Pablo e Diego, membros da Asociación Cultural e Veciñal Bolarqueira  de Noceda, visitáronnos hoxe para contarnos como esta asociación  traballa pola dinamización e difusión da cultura no rural, ademáis de concienciar no  coidado da contorna natural desta aldea. Faláronnos do festival Noceda Rock, de todas as actividades que se farán o 13 e 14 de xuño, xa que esta será a décima edición deste evento. Desta volta o cartel anunciador foi creado pola artista Carlota Salgado, no que intentou representar un carballo coas raices cara arriba e as polas cara abaixo.