Saltar ao contido principal

SEMANA DO LIBRO

 

Dende o día 19 ata o 28 de abril conmemoramos a semana do libro. Acordamos facer un "Escape literario" mediante un xogo de catro pistas para formar un quebracabezas . As pistas estarán elaboradas polo alumnado  do ciclo, de tal xeito que sexto elabora as pistas de quinto e quinto as de sexto e así sucesivamente; no caso de Educación Infantil as pistas elaboraranas as titoras.

O quebracabezas compoñerá a portada do libro que atoparán finalmente na biblioteca. Este libro estará  relacionado coa temática medioambiental traballada por cada curso. Unha vez localizado o libro na biblioteca e rematado o recreo, o curso correspondente fará unha lectura para todo o alumnado no patio dianteiro do centro.

A distribución do xogo de pistas quedou do seguinte xeito:

Mércores 19 - 6º EP coa temática da reciclaxe e do  libro 

                            Cuida y descubre la Naturaleza

Xoves 20- 5º EP coa temática da auga e do  libro 

                            Protege tu planeta

Venres 21- 4º EP coa temática do sol e a lúa e do  libro 

                            Cuida y descubre la Naturaleza

Martes 25- 3º EP coa temática da paisaxe e do  libro 

                            Protege tu planeta

Mércores 26- 2º EP coa temática do clima e do  libro 

                            El planeta tierra

Xoves 27- 1º EP coa temática das estacións   e do  libro 

                            Las cuatro estaciones





 














Comentarios

Publicacións populares deste blog

ECONOMÍA CIRCULAR. 2º DE PRIMARIA.

Continuamos coas exposicións de temática medioambiental relacionadas co proxecto de centro  "Coida do clima, coida dos teus".   2º de primaria foi o curso encargado de proseguir o proceso expositivo co seu traballo "A Economía Circular" conmemorando así o Día Internacional do Consumo Responsable que se celebrou o 15 de marzo.  A economía circular é vital para combatir o cambio climático xa que aborda o 70% das emisións globais de gases de efecto invernadoiro derivadas da extración e uso de materiais. Ao reutilizar, reparar e reciclar produtos redúcese a necesidade de recursos virxenes, disminuindo a enerxía e a contaminación asociadas. Podemos considerar o noso sistema económico actual como unha economía "lineal", un modelo que extrae materia prima da natureza, creando produtos a partir dela e cando xa non serven tíranse como residuos. Esto produce un impacto significativo sobre o medio ambiente, agravando a crise climática, a pérdida de biodiversidade e p...

DÍA DO LIBRO CON SUSA HERRERA.

    O Día Internacional do Libro foi fixado pola   UNESCO no ano   1995 para fomentar a cultura literaria e protexer a propiedade intelectual; tendo como obxectivo apoiar a creatividade, a diversidade e a igualdade de acceso ao coñecemento. Escolleuse esta data porque coincide co pasamento de tres grandes autores da literatura universal, como foron: William Shakespeare, Garcilaso de la Vega e Miguel de Cervantes .  En Cataluña a xornada cadra tamén co Día de Sant Jordi, onde a tradición agasalla cunha rosa e un libro. No colexio conmemoramos o Día do Libro coa visita de Susa Herrera. Ela naceu en Santander e adicou a súa traxectoria profesional á docencia e á divulgación musical. Foi profesora titular de Expresión Musical na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte do campus de Pontevedra. É autora de moitos contos para nenos e nenas e leva toda a vida demostrando que os contos tamén se cantan e ademáis pódense bailar. Agora está xubilada, máis segu...

ACOLLIDA DO NOVO ALUMNADO DE INFANTIL

 Hoxe na nosa Aula da Natureza fixemos a acollida do alumnado de nova incorporación para o novo curso de 4º de infantil. Comezouse  cunha actividade de benvida con fotos destes novos nenos e nenas ,  despois fixeron outra actividade titulada "Abrazo á árbore",  que consistía en abrazar distintas árbores con cintas elásticas de cores, tamén   compartiron cancións, xogos e  unha merenda saudable na nosa fermosa carballeira.