Nos meses de febreiro e marzo botamos na horta coles, repolos e outras verduras. Tamén plantamos pequenos exemplares de maceiras e pereiras para no próximo curso poder enxertar nestes patrón razas autóctonas que trataremos de recuperar facendo un traballo de observación e recolleita contando coa axuda das familias. Amais estivemos espetando vimbios para poder facer un túnel natural para os nosos xogos de patio.
Continuamos coas exposicións de temática medioambiental relacionadas co proxecto de centro "Coida do clima, coida dos teus". 2º de primaria foi o curso encargado de proseguir o proceso expositivo co seu traballo "A Economía Circular" conmemorando así o Día Internacional do Consumo Responsable que se celebrou o 15 de marzo. A economía circular é vital para combatir o cambio climático xa que aborda o 70% das emisións globais de gases de efecto invernadoiro derivadas da extración e uso de materiais. Ao reutilizar, reparar e reciclar produtos redúcese a necesidade de recursos virxenes, disminuindo a enerxía e a contaminación asociadas. Podemos considerar o noso sistema económico actual como unha economía "lineal", un modelo que extrae materia prima da natureza, creando produtos a partir dela e cando xa non serven tíranse como residuos. Esto produce un impacto significativo sobre o medio ambiente, agravando a crise climática, a pérdida de biodiversidade e p...


















Comentarios
Publicar un comentario