Saltar ao contido principal

OBRADOIRO "TI SI QUE ES UN BO PEIXE"

 Hoxe no centro gozamos co obradoiro "Ti si que es un bo peixe".. As dúas monitoras especialistas informáronnos das características e beneficios de distintos peixes, mariscos e algas. Despois desfrutamos coa coreografía dunha canción con temática nutritiva e rematamos con actividades lúdicas: pescando, mariscando e resolvendo crebacabezas. Resultou unha xornada moi entretida.

 Esta actividade forma parte do Plan Proxecta:“Aliméntate ben”, na modalidade: "Ti si que es un Bo Peixe". Consiste nunha  estratexia educativa para  previr o sobrepeso e a obesidade . É un programa creado pola Consellería do Mar co dobre obxectivo de facilitar o coñecemento e consumo dos produtos en conserva do mar de Galicia entre as nenas e nenos de nosa comunidade e de incidir e equilibrar as súas dietas alimentarias.  

 Preténdense traballar todas as dimensións do feito alimentario dun xeito integral e transversal na comunidade de referencia do alumnado. Responde á necesidade de que o alumnado adquira e consolide hábitos alimentarios adecuados e desenvolva as competencias necesarias para facer eleccións saudables no futuro. Para acadar estes obxectivos,  convídaselles a coñecer a contorna alimentaria a través de experiencias sensoriais, a valorar o noso patrimonio alimentario tradicional, a reflexionar sobre a influencia do medio (publicidade, dispoñibilidade de alimentos, industria alimentaria) e as súas consecuencias sobre o estado de saúde, entre outras, co fin de desenvolver un comportamento crítico como consumidores responsables fronte á oferta alimentaria actual.











                                               

Comentarios

Publicacións populares deste blog

DÍA DO LIBRO CON SUSA HERRERA.

    O Día Internacional do Libro foi fixado pola   UNESCO no ano   1995 para fomentar a cultura literaria e protexer a propiedade intelectual; tendo como obxectivo apoiar a creatividade, a diversidade e a igualdade de acceso ao coñecemento. Escolleuse esta data porque coincide co pasamento de tres grandes autores da literatura universal, como foron: William Shakespeare, Garcilaso de la Vega e Miguel de Cervantes .  En Cataluña a xornada cadra tamén co Día de Sant Jordi, onde a tradición agasalla cunha rosa e un libro. No colexio conmemoramos o Día do Libro coa visita de Susa Herrera. Ela naceu en Santander e adicou a súa traxectoria profesional á docencia e á divulgación musical. Foi profesora titular de Expresión Musical na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte do campus de Pontevedra. É autora de moitos contos para nenos e nenas e leva toda a vida demostrando que os contos tamén se cantan e ademáis pódense bailar. Agora está xubilada, máis segu...

OS PITIÑOS CAMBIARON DE CASA

 Os pitiños xa teñen 15 días e están moi grandes, por iso hoxe preparamos unha nova casiña no almacen dos xoguetes. Agora van ter máis espazo para moverse.