Saltar ao contido principal

5 DE MAIO: DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE


 Desde 1973, fai xa 50 anos, cada  5 de xuño conmemoramos  o Día Mundial do Medio Ambiente, esta data é o principal vehículo das Nacións Unidas para fomentar a conciencia mundial e a acción polo medio ambiente, chegando a  converterse nunha plataforma vital para promover o progreso en materia de aspectos ambientais.

O Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente (PNUMA) coordina esta conmemoración na que participan máis de 150 países cada ano. As principais corporacións, organizacións non gobernamentais, comunidades, gobernos e celebridades de todo o mundo súmanse ás actividades do Día Mundial do Medio Ambiente para defender un gran número de causas ambientais.

 O Día Mundial do Medio Ambiente deste ano 2023 céntrase nas solucións á contaminación por plásticos e o país anfitrión é  Costa de Marfil .

 Nos últimos 50 anos, este día internacional converteuse nunha das plataformas mundiais con maior alcance en favor das causas ambientais. Decenas de millóns de persoas sumáronse a participar de maneira virtual e presencial en actividades, eventos e todo tipo de iniciativas ao redor do mundo. “O problema da contaminación por plásticos é un perigo visible que afecta a todas as comunidades do mundo”, declarou o Sr. Jean-Luc, ministro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible de Costa de Marfil .

En 2014,Costa de Marfil,  prohibiu o uso de bolsas plásticas e, desde entón, estivo apoiando a transición cara a envases, envolturas e embalaxes reutilizables. A cidade máis grande do país anfitrión, Abiyán, tamén se converteu nun centro para novas empresas orientadas a combater a contaminación por plásticos.

No mundo cada ano prodúcense máis de 400 millóns de toneladas de plástico, dos cales a metade se conciben para unha vida útil dun só uso, menos do 10% recíclase. Estímase que entre 19 e 23 millóns de toneladas de refugallos plásticos terminan cada ano en lagos, ríos e mares. Así mesmo, os microplásticos (partículas plásticas cuxo diámetro é inferior a 5 mm) invaden os alimentos, a auga e mesmo o aire.

 Os produtos plásticos dun só uso que resultan refugados ou queimados non soamente prexudican á saúde humana e á biodiversidade, senón que igualmente contaminan todo tipo de ecosistemas, desde os picos de montaña ata o leito mariño.

 Para resolver esta crise, é necesario que os gobernos, o sector privado e demais partes interesadas amplifiquen e implementen medidas eficaces. Por tal motivo, resulta primordial que o Día Mundial do Medio Ambiente mobilice medidas ambientais transformadoras en todos os recunchos do mundo.

 O Día Mundial do Medio Ambiente 2023 conta co apoio do Goberno dos Países Baixos, un país exemplar que implementou medidas ambiciosas relativas a todo o ciclo de vida do plástico.A ministra de Medio Ambiente dos Países Baixos declarou  “Entre un gran número de políticas elaboradas en materia de produtos plásticos, os Países Baixos e a Comunidade Europea en xeral comprometéronse firmemente a reducir a produción e o consumo de plásticos dun só uso, que pode e debe ser substituído por alternativas duradeiras e sostibles”.

O anuncio de hoxe súmase ao establecido pola resolución adoptada en 2022 na Asemblea das Nacións Unidas para o Medio Ambiente que solicita elaborar un instrumento internacional xuridicamente vinculante sobre a contaminación por plásticos, en particular no medio mariño, do que se espera que as negociacións finalicen para fins de 2024.

A conmemoración do quincuaxésimo Día Mundial do Medio Ambiente é un momento propicio para que todos os gobernos, empresas, grupos comunitarios e individuos se unan a este esforzo colectivo.

 A campaña para o Día Mundial do Medio Ambiente 2023 usará a etiqueta (hashtag) e lema #SinContaminaciónPorPlásticos.

Esta contaminación por plásticos tamén inflúe na nosa contorna por iso dende o CEIP Xoaquín Loriga queremos conmemorar este día mundial do medio ambiente destacando a importancia da reciclaxe e o coidado da biodiversidade, empezando polos paxaros da nosa contorna que cumpren unha función no noso ecosistema indispensable para o desenvolvemento da flora e fauna.

A continuación  cada curso fixo a súa exposición sobre as  características dos paxaros que podemos atopar na nosa zona.










Comentarios

Publicacións populares deste blog

ECONOMÍA CIRCULAR. 2º DE PRIMARIA.

Continuamos coas exposicións de temática medioambiental relacionadas co proxecto de centro  "Coida do clima, coida dos teus".   2º de primaria foi o curso encargado de proseguir o proceso expositivo co seu traballo "A Economía Circular" conmemorando así o Día Internacional do Consumo Responsable que se celebrou o 15 de marzo.  A economía circular é vital para combatir o cambio climático xa que aborda o 70% das emisións globais de gases de efecto invernadoiro derivadas da extración e uso de materiais. Ao reutilizar, reparar e reciclar produtos redúcese a necesidade de recursos virxenes, disminuindo a enerxía e a contaminación asociadas. Podemos considerar o noso sistema económico actual como unha economía "lineal", un modelo que extrae materia prima da natureza, creando produtos a partir dela e cando xa non serven tíranse como residuos. Esto produce un impacto significativo sobre o medio ambiente, agravando a crise climática, a pérdida de biodiversidade e p...

DÍA DO LIBRO CON SUSA HERRERA.

    O Día Internacional do Libro foi fixado pola   UNESCO no ano   1995 para fomentar a cultura literaria e protexer a propiedade intelectual; tendo como obxectivo apoiar a creatividade, a diversidade e a igualdade de acceso ao coñecemento. Escolleuse esta data porque coincide co pasamento de tres grandes autores da literatura universal, como foron: William Shakespeare, Garcilaso de la Vega e Miguel de Cervantes .  En Cataluña a xornada cadra tamén co Día de Sant Jordi, onde a tradición agasalla cunha rosa e un libro. No colexio conmemoramos o Día do Libro coa visita de Susa Herrera. Ela naceu en Santander e adicou a súa traxectoria profesional á docencia e á divulgación musical. Foi profesora titular de Expresión Musical na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte do campus de Pontevedra. É autora de moitos contos para nenos e nenas e leva toda a vida demostrando que os contos tamén se cantan e ademáis pódense bailar. Agora está xubilada, máis segu...

ACOLLIDA DO NOVO ALUMNADO DE INFANTIL

 Hoxe na nosa Aula da Natureza fixemos a acollida do alumnado de nova incorporación para o novo curso de 4º de infantil. Comezouse  cunha actividade de benvida con fotos destes novos nenos e nenas ,  despois fixeron outra actividade titulada "Abrazo á árbore",  que consistía en abrazar distintas árbores con cintas elásticas de cores, tamén   compartiron cancións, xogos e  unha merenda saudable na nosa fermosa carballeira.