Hoxe o alumnado de infantil e 1º de primaria participou no obradoiro "Eu son inspector@ urbanístic@. Coida do territorio. Coida do teu". O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia e a APLU, ofrecen a través do Proxecto Terra esta actividade lúdica-educativa. Empregando material didáctico específico o alumnado traballa de forma creativa e dinámica a complexidade do territorio e da paisaxe, analizando os elementos que os compoñen e conforman, afondando en conceptos como a paisaxe, o patrimonio construído, as infraestruturas, o cambio climático, a pegada ecolóxica ou as actividades e construcións no teritorio.
Resultou unha actividade moi instrutiva e entretida. A través dos contos, a ratiña Faifá e Tere, que é inspectora urbanística,amosaron aos nosos nenos e nenas a importancia de coidar a natureza e o noso patrimonio.







Comentarios
Publicar un comentario