Onte comezou en Silleda a Feira da Semana Verde e cada ano a Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda posúe un stand onde se realizan obradoiros escolares relacionados coas súas competencias. Este ano o obradoiro é sobre as aves migratorias e está enfocado ao alumnado de primaria. Os rapaces e rapazas de 4º, 5º e 6º de primaria do noso centro puideron gozar hoxe desta actividade e elaborar un niño de anduriña con barro.
Continuamos coas exposicións de temática medioambiental relacionadas co proxecto de centro "Coida do clima, coida dos teus". 2º de primaria foi o curso encargado de proseguir o proceso expositivo co seu traballo "A Economía Circular" conmemorando así o Día Internacional do Consumo Responsable que se celebrou o 15 de marzo. A economía circular é vital para combatir o cambio climático xa que aborda o 70% das emisións globais de gases de efecto invernadoiro derivadas da extración e uso de materiais. Ao reutilizar, reparar e reciclar produtos redúcese a necesidade de recursos virxenes, disminuindo a enerxía e a contaminación asociadas. Podemos considerar o noso sistema económico actual como unha economía "lineal", un modelo que extrae materia prima da natureza, creando produtos a partir dela e cando xa non serven tíranse como residuos. Esto produce un impacto significativo sobre o medio ambiente, agravando a crise climática, a pérdida de biodiversidade e p...













Comentarios
Publicar un comentario