Saltar ao contido principal

PLANTANDO CAPUDRES

 O pasado venres o alumnado de 4º,5º e 6º de primaria participou no taller sobre as aves migratorias na Semana Verde de Silleda. Ao remate da actividade a Dirección Xeral de Patrimonio Natural agasallounos cunhas cantas especies arbóreas de Capudre, Sorbus Aucuparia. Hoxe aproveitamos a hora do recreo para plantar dous exemplares no patio exterior, así, cando medren, achegaranse moitos paxariños a comer os seus froitos vermellos.









Comentarios