Saltar ao contido principal

A DEFENSA DAS NOSAS ESPECIES: O NOSO MELLOR LEGADO

 Xa comezamos o novo curso escolar 2023/24. Este ano o Proxecto Anual do centro que parte da Biblioteca Escolar (incluída no PLAMBE) e engloba o proxecto de Voz Natura, leva por  título: "A defensa das nosas especies: o noso mellor legado", desta forma preténdese acadar un traballo máis centralizado e globalizado durante todo o curso. Con este plan queremos deixar dalgún xeito marcado o noso compromiso como escola, e como membros da sociedade, co Medio Ambiente, este curso queremos darlle un significado máis profundo, tentando achegar a idea de “herdanza, en referencia ao recibido, e de legado, en canto ao que deixamos ás novas xeracións.

 Seguimos na idea de concienciar a toda a comunidade educativa e ao entorno: veciñas e veciños, así como a aquelas persoas que sigan as nosas intervencións e recomendacións, da importancia de coidar e protexer o medioambiente, do valor de participar nun consumo responsable e nunha reciclaxe selectiva dos residuos que producimos e de que todo isto é unha labor na que todas e todos contamos. E todo iso facendo fincapé na temática que nos centrará neste curso escolar: a flora e a fauna autóctonas.

 A polución polo plástico continúa a ser o grande azote medioambiental da nosa era, a batalla máis urxente á que debemos enfrontarnos en materia de sostibilidade do planeta. É por iso que este continuará a ser un dos nosos piares a traballar máis directamente: a concienciación de cada un e cada unha ante este problema.

Continuaremos traballando na nosa horta, mellorando e ampliando a zona de cultivo.

Seguiremos a concienciar ao noso alumnado e ás súas familias na responsabilidade das nosas accións e decisións de consumo e os seus efectos sobre o medio ambiente que nos rodea.

E como sempre, estaremos abertas e abertos a calquera iniciativa e proposta medioambiental que poida xurdir (ANPA, Concello, Asociacións...) e na que nós poidamos colaborar e/ou participar en función das nosas posibilidades.

Polo tanto, os obxectivos que pretendemos acadar serán os seguintes:

  • Coñecer, valorar e protexer as especies autóctonas da nosa contorna, tanto flora como fauna.
  • Detectar e tratar de eliminar aquelas especies invasoras, no que se refire á fauna, que están presentes na nosa contorna, tratando de dar a coñecer as consecuencias que teñen a súa presenza na mesma.
  • Capacitar ao alumnado para analizar de forma crítica a información ambiental a través de notas de prensa, radio, televisión, así como parladoiros e outros medios de información.
  • Favorecer a adquisición de novos valores pro-ambientais e fomentar actitudes críticas e construtivas.
  • Capacitar ao alumnado no análise de conflitos medioambientais, no debate             de   alternativas e na toma de decisións para a súa resolución.
  • Ser o instrumento que favoreza modelos de conduta sostibles en todos os ámbitos da vida, que perdure máis alá dos anos de escola, que sexa o noso legado.
  • Practicar unha agricultura ecolóxica e orgánica, descubrindo os seus beneficios ambientais e para a saúde, e incidir sobre todo no cultivo daquelas especies autóctonas.
  • Fomentar a participación e colaboración de toda a comunidade educativa nun proxecto común relacionado co coidado do medio ambiente.
  • Consolidar o blog “Horta Xoaquín Loriga”, como medio divulgativo do traballo realizado, pero tamén de divulgación e promoción daqueles organismos e asociacións que contribúen á defensa do medio.
  • Seguir a coidar e mellorar a contorna da escola.
  • Continuar fomentando o consumo responsable e consciente en todos os aspectos.
  • Continuar a facer compostaxe dos residuos orgánicos da escola, apreciando o seu valor.
  • Seguir a insistir na importancia de reducir o uso do plástico nas nosas vidas, incidindo xa dende a escola no material a empregar.


“Cada vez que perdemos unha especie, rompemos unha cadea de vida que

evolucionou durante 3.500 millóns de anos” 

                                                 Jeffrey McNeely, científico da UICN.






PORCO CELTA




VACA DE RAZA CACHENA
GALIÑA DE RAZA DE MOS








Comentarios

Publicacións populares deste blog

1º PRIMARIA: AS PLANTAS E OS SEUS BENEFICIOS

 Para conmemorar o Día dos Humidais (2 de febreiro) hoxe comezamos coas exposicións sobre os traballos de investigación de temática medioambiental. As rapazas e rapaces de 1º de primaria fixeron a súa posta en escena ao resto do centro educativo do seu proxecto: As plantas e os seus beneficios . Despois contaron o conto de Ledicia Costas Sete dentes de león, recitaron un poema sobre o arco da vella e remataron bailando e cantando unha canción sobre as plantas. As plantas son seres vivos que precisan: auga, terra, aire e luz do sol para vivir. Viven fixas á terra e constan de raiz, talo, pólas e follas. Cada parte realiza unha función específica e das súas flores nacen os froitos. Van sufrindo cambios ao longo das estacións do ano. Reprodúcense por sementes ou pólas. Tanto a asociación como a rotación de cultivos ofrecen moitas vantaxes na horta, xa que eliminan pragas e enfermidades. Hai estudos científicos que certifican os beneficios das plantas sobre as persoas, pois crean un a...

DÍA DO LIBRO CON SUSA HERRERA.

    O Día Internacional do Libro foi fixado pola   UNESCO no ano   1995 para fomentar a cultura literaria e protexer a propiedade intelectual; tendo como obxectivo apoiar a creatividade, a diversidade e a igualdade de acceso ao coñecemento. Escolleuse esta data porque coincide co pasamento de tres grandes autores da literatura universal, como foron: William Shakespeare, Garcilaso de la Vega e Miguel de Cervantes .  En Cataluña a xornada cadra tamén co Día de Sant Jordi, onde a tradición agasalla cunha rosa e un libro. No colexio conmemoramos o Día do Libro coa visita de Susa Herrera. Ela naceu en Santander e adicou a súa traxectoria profesional á docencia e á divulgación musical. Foi profesora titular de Expresión Musical na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte do campus de Pontevedra. É autora de moitos contos para nenos e nenas e leva toda a vida demostrando que os contos tamén se cantan e ademáis pódense bailar. Agora está xubilada, máis segu...

OS PITIÑOS CAMBIARON DE CASA

 Os pitiños xa teñen 15 días e están moi grandes, por iso hoxe preparamos unha nova casiña no almacen dos xoguetes. Agora van ter máis espazo para moverse.