Saltar ao contido principal

MALETA NATURALISTA DO CEIDA

Hoxe chegou ao noso centro a maleta naturalista do CEIDA  e durante un mes poderemos gozar da información que nos aporta este material para a elaboración do traballo grupal que teremos que facer cada clase en relación ao proxecto " A defensa das nosas especies: o noso mellor legado".

O Centro de Documentación Ambiental Domingo Quiroga é un centro público de recursos de información e documentación sobre a Educación Ambiental e o Medio Ambiente. O seu funcionamento é similar ao dunha biblioteca especializada e alberga nas súas instalacións un amplo e variado fondo documental con máis de 27.000 recursos bibliográficos.

O centro forma parte dunha rede estatal, RECIDA (Rede de Centros de Información y Documentación Ambiental), que reúne a máis de 100  bibliotecas e centros de documentación representantes das distintas Comunidades Autónomas do estado español.

O Centro de Documentación Ambiental Domingo Quiroga recorda a figura de Don Domingo Quiroga Ríos (1900-1991), o cal tivo un papel moi relevante na defensa dos recursos naturais e do medio ambiente de Galicia. Foi o primeiro presidente da Asociación para a Defensa Ecológica de Galicia (ADEGA), asumindo dito cargo aos 74 años de idade. Contribuíu a chamar a atención sobre os perigos da enerxía nuclear e dunha industrialización nada respetuosa co medio ambiente. Grazas á súa intervención, e á doutras personas coa suficiente lucidez para intervir na cuestión publica, Galicia puido liberarse nos años 70 de soportar unha central nuclear ou nuevas fábricas de pasta de papel, das cales o impacto ambiental era xa evidente na ría de Pontevedra.

O CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia), a través do seu Centro de Documentación Ambiental, pon a disposición de todos os centros educativos, de xeito gratuito, varias coleccións de libros para achegar o medio natural ao seu alumnado. Con elas pretende dar a coñecer o patrimonio natural do nosa contorna máis próxima e fomentar a realización de actividades ao aire libre nos centros de ensinanza. Este centro, co apoio da Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Xunta de Galicia, acaba de por en marcha o servizo das maletas naturalistas,  trátase dunha sección de guías de flora, fauna, fungos, cadernos de campo e outros recursos didácticos. 




 


Comentarios

Publicacións populares deste blog

ECONOMÍA CIRCULAR. 2º DE PRIMARIA.

Continuamos coas exposicións de temática medioambiental relacionadas co proxecto de centro  "Coida do clima, coida dos teus".   2º de primaria foi o curso encargado de proseguir o proceso expositivo co seu traballo "A Economía Circular" conmemorando así o Día Internacional do Consumo Responsable que se celebrou o 15 de marzo.  A economía circular é vital para combatir o cambio climático xa que aborda o 70% das emisións globais de gases de efecto invernadoiro derivadas da extración e uso de materiais. Ao reutilizar, reparar e reciclar produtos redúcese a necesidade de recursos virxenes, disminuindo a enerxía e a contaminación asociadas. Podemos considerar o noso sistema económico actual como unha economía "lineal", un modelo que extrae materia prima da natureza, creando produtos a partir dela e cando xa non serven tíranse como residuos. Esto produce un impacto significativo sobre o medio ambiente, agravando a crise climática, a pérdida de biodiversidade e p...

DÍA DO LIBRO CON SUSA HERRERA.

    O Día Internacional do Libro foi fixado pola   UNESCO no ano   1995 para fomentar a cultura literaria e protexer a propiedade intelectual; tendo como obxectivo apoiar a creatividade, a diversidade e a igualdade de acceso ao coñecemento. Escolleuse esta data porque coincide co pasamento de tres grandes autores da literatura universal, como foron: William Shakespeare, Garcilaso de la Vega e Miguel de Cervantes .  En Cataluña a xornada cadra tamén co Día de Sant Jordi, onde a tradición agasalla cunha rosa e un libro. No colexio conmemoramos o Día do Libro coa visita de Susa Herrera. Ela naceu en Santander e adicou a súa traxectoria profesional á docencia e á divulgación musical. Foi profesora titular de Expresión Musical na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte do campus de Pontevedra. É autora de moitos contos para nenos e nenas e leva toda a vida demostrando que os contos tamén se cantan e ademáis pódense bailar. Agora está xubilada, máis segu...

ACOLLIDA DO NOVO ALUMNADO DE INFANTIL

 Hoxe na nosa Aula da Natureza fixemos a acollida do alumnado de nova incorporación para o novo curso de 4º de infantil. Comezouse  cunha actividade de benvida con fotos destes novos nenos e nenas ,  despois fixeron outra actividade titulada "Abrazo á árbore",  que consistía en abrazar distintas árbores con cintas elásticas de cores, tamén   compartiron cancións, xogos e  unha merenda saudable na nosa fermosa carballeira.