Saltar ao contido principal

XA NACERON OS PITIÑOS

 Que algarabia houbo hoxe no colexio, xa naceron os pitiños !!

Pasaron os 21 dias que nos dixera Diego Rois Losada, veterinario de AVIMÓS ,  que tiñan que estar os pitiños na incubadora. Só naceron 10 pitiños, mais son tan bonitos e pequerrechos que dá ganas de levalos para a casa.

Diego hoxe explicounos, a través dunha proxección de imaxes, como vai evolucionando ao longo dos 21 días o embrión dentro do ovo, ás veces non nacen todos porque os ovos non están fecundados ou lles faltou calor. Recordamos as partes que ten o ovo: clara e xema; agora ben, tamén ten unha cámara de aire para que o embrión teña osíxeno.  Fíxonos observar como aos pitiños lles van aparecendo plumas novas que van mudando de cor.  As galiñas tamén teñen cristas diferentes, unhas máis grandes e outras case non se ven. En canto á alimentación, nestes primeiros días temos que lles dar un pienso especial, agora ben, cando pase mes e medio xa poden comer trigo e millo.

Agora toca coidalos a diario, e deso xa se está encargando a Patrulla de Traballo que cada día vai cambiando de integrantes.


















Comentarios

Publicacións populares deste blog

DÍA DO LIBRO CON SUSA HERRERA.

    O Día Internacional do Libro foi fixado pola   UNESCO no ano   1995 para fomentar a cultura literaria e protexer a propiedade intelectual; tendo como obxectivo apoiar a creatividade, a diversidade e a igualdade de acceso ao coñecemento. Escolleuse esta data porque coincide co pasamento de tres grandes autores da literatura universal, como foron: William Shakespeare, Garcilaso de la Vega e Miguel de Cervantes .  En Cataluña a xornada cadra tamén co Día de Sant Jordi, onde a tradición agasalla cunha rosa e un libro. No colexio conmemoramos o Día do Libro coa visita de Susa Herrera. Ela naceu en Santander e adicou a súa traxectoria profesional á docencia e á divulgación musical. Foi profesora titular de Expresión Musical na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte do campus de Pontevedra. É autora de moitos contos para nenos e nenas e leva toda a vida demostrando que os contos tamén se cantan e ademáis pódense bailar. Agora está xubilada, máis segu...

OS PITIÑOS CAMBIARON DE CASA

 Os pitiños xa teñen 15 días e están moi grandes, por iso hoxe preparamos unha nova casiña no almacen dos xoguetes. Agora van ter máis espazo para moverse.