Saltar ao contido principal

DÍA DO LECTOR E DA LECTORA 2023

O venres, 3 de novembro, conmemoramos o Día do Lector en memoria de Xosé Neira Vilas, nado un día coma este do ano 1928 en Gres, no concello de Vila de Cruces. Unha efeméride incluída por primeira vez no ano 2021.
Neira Vilas sempre amosou o seu amor e apego á vida na aldea, sendo  a natureza  un elemento imprescindible nas súas composicións narrativas e poéticas.
Aproveitamos esta data para ler co noso alumnado algún anaquiño da súa obra, xa que @s que somos máis maiores non podemos esquecer publicacións coma:Memorias dun neno labrego, Cartas a Lelo, Quique na aldea, Cantos á natureza, Cantarolas, Cantos de sol a sol...
En todo o seu legado artístico hai un enfoque naturista.



Comentarios