O 24 de outubro, cando se fixo a reapertura da biblioteca e se conmemorou o Día Internacional contra o Cambio Climático, agasallouse a cada clase con sementes de árbores autóctonas( pavías, noces, castañas, landras, pexegos e abelás). Agora os distintos cursos xa están empezando a facer a plantación destas sementes en macetas, despois terán que facer unha supervisión e coidado semanal ata acadar que a semente agrome.
Continuamos coas exposicións de temática medioambiental relacionadas co proxecto de centro "Coida do clima, coida dos teus". 2º de primaria foi o curso encargado de proseguir o proceso expositivo co seu traballo "A Economía Circular" conmemorando así o Día Internacional do Consumo Responsable que se celebrou o 15 de marzo. A economía circular é vital para combatir o cambio climático xa que aborda o 70% das emisións globais de gases de efecto invernadoiro derivadas da extración e uso de materiais. Ao reutilizar, reparar e reciclar produtos redúcese a necesidade de recursos virxenes, disminuindo a enerxía e a contaminación asociadas. Podemos considerar o noso sistema económico actual como unha economía "lineal", un modelo que extrae materia prima da natureza, creando produtos a partir dela e cando xa non serven tíranse como residuos. Esto produce un impacto significativo sobre o medio ambiente, agravando a crise climática, a pérdida de biodiversidade e p...







Comentarios
Publicar un comentario