Neste primeiro trimestre proseguimos coa actividade diaria do rexistro do tempo atmosférico. Este ano tratamos de profundizar un pouco máis nas medicións, para o cal consultamos de xeito cotián a páxina de MeteoGalicia e contrastámola coa información obtida cos nosos aparellos escolares. Tamén reformamos a estación meteorolóxica vella que tiñamos no colexio dende fai décadas sen sacarlle proveito e situámola nun novo enclave do patio. Cada mes, un curso determinado, é o encargado de efectuar as anotacións nunha taboa de rexistro.
Continuamos coas exposicións de temática medioambiental relacionadas co proxecto de centro "Coida do clima, coida dos teus". 2º de primaria foi o curso encargado de proseguir o proceso expositivo co seu traballo "A Economía Circular" conmemorando así o Día Internacional do Consumo Responsable que se celebrou o 15 de marzo. A economía circular é vital para combatir o cambio climático xa que aborda o 70% das emisións globais de gases de efecto invernadoiro derivadas da extración e uso de materiais. Ao reutilizar, reparar e reciclar produtos redúcese a necesidade de recursos virxenes, disminuindo a enerxía e a contaminación asociadas. Podemos considerar o noso sistema económico actual como unha economía "lineal", un modelo que extrae materia prima da natureza, creando produtos a partir dela e cando xa non serven tíranse como residuos. Esto produce un impacto significativo sobre o medio ambiente, agravando a crise climática, a pérdida de biodiversidade e p...











Comentarios
Publicar un comentario