Para conmemorar o 8 de marzo, Día Internacional da Muller, como xornada reivindicativa de loita pola igualdade de dereitos, de xustiza e pola equidade de xénero, no Ceip Xoaquín Loriga quixemos recordar e homenaxear á oceanógrafa galega Ángeles Alvariño pola súa investigación arredor do zooplancton mariño.
Todo o alumnado investigou e recolleu información sobre esta importante científica a nivel internacional para despois elaborar un mural ilustrativo con debuxos feitos polos nenos e nenas do centro. O día 8 na Hora de Ler xuntámonos na biblioteca para expoñer oralmente a súa biografía a toda a comunidade educativa.
3 ANOS
4 ANOS
1º PRIMARIA
Comentarios
Publicar un comentario