Que gran sorpresa levamos esta semana!! Apareceu un ovo no galiñeiro!
No noso galiñeiro viven dúas galiñas e un galo, o resto da niñada repartímola entre membros da nosa comunidade educativa, pois a nós sonnos suficientes para podelas atender. A ver se conseguimos que algunha delas choque e poidamos ver a galiña cos seus pitiños no noso galiñeiro.
Onte pola tarde cando ibamos pechar o galiñeiro atopamos un ovo na porta, esto supuxo unha grata sorpresa para todas e todos. Hoxe xa estivemos preparando unha caixa de madeira con labras para que dispoñan dun lugar cómodo para a postura, pero a galiña preferiu poñer o seu ovo na terra, fixo un pequeno burato fóra do galiñeiro . Secadra mañá xa decide utilizar o noso poñedeiro, estaremos pendentes.
Comentarios
Publicar un comentario