Saltar ao contido principal

EXPOSICIÓN ITINERANTE SOBRE A SENDA LITORAL DE GALICIA

Esta semana acollemos no colexio a Exposición Itinerante sobre a Senda Litoral de Galicia dirixida ao alumnado entre 8 e 12 anos. Trátase dun proxecto desenvolvido por iniciativa da Xunta de Galicia que na actualidade está impulsado pola Axencia de Turismo de Galicia. Os traballos están sendo coordinados pola Fundación Galicia Sustentable.
A Senda Litoral de Galicia ten por obxecto fomentar o descubrimento do litoral, a valorización dos recursos territoriais e a lectura das paisaxes que se van percorrendo ao londo de 1.315 quilómetros. En definitiva, este proxecto é entendido como un proceso de traballo aberto ás administracións, asociacións, entidades educativas e formativas, axentes e cidadanía en xeral do ámbito de influencia da Senda Litoral procurando valorar, divulgar e conservar o patrimonio material, inmaterial e natural do seu ámbito de influencia.
Promovendo iniciativas coma esta exposición itinerante búscase non só potenciar a marca Senda Litoral a través do fomento do coñecemento e o coidado da identidade propia coma camiño cara un desenvolvemento sustentable do territorio, senón tamén proxectar o apego e coñecemento do territorio aos visitantes e usuarios do camiño.



















 mmmmm

Comentarios

Publicacións populares deste blog

ECONOMÍA CIRCULAR. 2º DE PRIMARIA.

Continuamos coas exposicións de temática medioambiental relacionadas co proxecto de centro  "Coida do clima, coida dos teus".   2º de primaria foi o curso encargado de proseguir o proceso expositivo co seu traballo "A Economía Circular" conmemorando así o Día Internacional do Consumo Responsable que se celebrou o 15 de marzo.  A economía circular é vital para combatir o cambio climático xa que aborda o 70% das emisións globais de gases de efecto invernadoiro derivadas da extración e uso de materiais. Ao reutilizar, reparar e reciclar produtos redúcese a necesidade de recursos virxenes, disminuindo a enerxía e a contaminación asociadas. Podemos considerar o noso sistema económico actual como unha economía "lineal", un modelo que extrae materia prima da natureza, creando produtos a partir dela e cando xa non serven tíranse como residuos. Esto produce un impacto significativo sobre o medio ambiente, agravando a crise climática, a pérdida de biodiversidade e p...

DÍA DO LIBRO CON SUSA HERRERA.

    O Día Internacional do Libro foi fixado pola   UNESCO no ano   1995 para fomentar a cultura literaria e protexer a propiedade intelectual; tendo como obxectivo apoiar a creatividade, a diversidade e a igualdade de acceso ao coñecemento. Escolleuse esta data porque coincide co pasamento de tres grandes autores da literatura universal, como foron: William Shakespeare, Garcilaso de la Vega e Miguel de Cervantes .  En Cataluña a xornada cadra tamén co Día de Sant Jordi, onde a tradición agasalla cunha rosa e un libro. No colexio conmemoramos o Día do Libro coa visita de Susa Herrera. Ela naceu en Santander e adicou a súa traxectoria profesional á docencia e á divulgación musical. Foi profesora titular de Expresión Musical na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte do campus de Pontevedra. É autora de moitos contos para nenos e nenas e leva toda a vida demostrando que os contos tamén se cantan e ademáis pódense bailar. Agora está xubilada, máis segu...

EUCALIPTOS NON, CARBALLOS SI. Educación Infantil.

  Para rematar coas exposicións de temática medioambiental relacionadas co proxecto de centro "Coida do clima, coida dos teus" o grupo de  Educación Infantil foi o curso encargado de dar fin a este  proceso expositivo co seu traballo "Eucaliptos non, carballos si" conmemorando o Día Internacional da Diversidade Biolóxica celebrado o 22 de maio. Acompañaron a exposión cunha canción sobre os árbores da fraga na que as árbores autóctonas non aceptaban ao eucalipto na fraga por ser unha especie foránea. Unha investigación realizada pola Universidade de Oviedo/Uviéu revela que a introdución de especies coma o eucalipto pode causar grandes impactos na capacidade que teñen os bosques autóctonos para mitigar o cambio climático, pois está en perigo a súa capacidade para almacenar carbono no chan. O eucalipto non é unha árbore aborixe, fai anos que chegou á península Ibérica  procedente do continente australiano como árbore ornamental de xardíns, que se acabou  plantando...