Saltar ao contido principal

Proxecto 4º de Educación Primaira. Os peixes dos nosos ríos

Hoxe, 14 de marzo, celebramos no colexio o "Día Internacional de Acción polos ríos". A finalidade desta celebración é velar polo coidado e protección da principal fonte de auga limpa do planeta, así como a concienciación cidadá para a súa  preservación. O coidado do medio ambiente é algo que nos preocupa e do que nos sentimos responsables. Queremos crear conciencia  e para iso debemos facelo  sendo coñecedores da enorme riqueza que temos nas nosas augas. O alumnado de 4º curso preparamos un proxecto sobre os ríos de Galicia e os peixes que habitan neles, e sobre todo afondamos no coñecemento das especies migradoras, tales como o reo, lamprea, anguía, sábalo, salmón... e tamén outras moi interesantes e  que viven só nos ríos. Para ilustrar o proxecto, a parte de realizar o traballo para a exposición oral,  construímos cada un de nós unha orixinal maqueta sobre os ríos de Galicia.Quedaron todas moi, moi bonitas.
 Hoxe é o gran día no que compartiremos este fermoso proxecto con toda a comunidade educativa na biblioteca do centro. Agardamos que vos guste tanto coma a nós, pero sobre todo, o que pretendemos con este traballo e que todos aprendamos  a valorar, coidar e protexer  a enorme riqueza que temos na nosa comunidade, Galicia, relacionada coa paisaxe e as augas que a bañan.   
O alumnado de 4º curso deséxavos un...
Feliz Día de Acción Polos Ríos!
Vídeo da exposición do traballo  
Deixamos esta presentación do texto resumido, por se che resulta de utilidade.
Os peixes das nosas augas de Rosa M García Méndez


Comentarios

Publicacións populares deste blog

1º PRIMARIA: AS PLANTAS E OS SEUS BENEFICIOS

 Para conmemorar o Día dos Humidais (2 de febreiro) hoxe comezamos coas exposicións sobre os traballos de investigación de temática medioambiental. As rapazas e rapaces de 1º de primaria fixeron a súa posta en escena ao resto do centro educativo do seu proxecto: As plantas e os seus beneficios . Despois contaron o conto de Ledicia Costas Sete dentes de león, recitaron un poema sobre o arco da vella e remataron bailando e cantando unha canción sobre as plantas. As plantas son seres vivos que precisan: auga, terra, aire e luz do sol para vivir. Viven fixas á terra e constan de raiz, talo, pólas e follas. Cada parte realiza unha función específica e das súas flores nacen os froitos. Van sufrindo cambios ao longo das estacións do ano. Reprodúcense por sementes ou pólas. Tanto a asociación como a rotación de cultivos ofrecen moitas vantaxes na horta, xa que eliminan pragas e enfermidades. Hai estudos científicos que certifican os beneficios das plantas sobre as persoas, pois crean un a...

DÍA DO LIBRO CON SUSA HERRERA.

    O Día Internacional do Libro foi fixado pola   UNESCO no ano   1995 para fomentar a cultura literaria e protexer a propiedade intelectual; tendo como obxectivo apoiar a creatividade, a diversidade e a igualdade de acceso ao coñecemento. Escolleuse esta data porque coincide co pasamento de tres grandes autores da literatura universal, como foron: William Shakespeare, Garcilaso de la Vega e Miguel de Cervantes .  En Cataluña a xornada cadra tamén co Día de Sant Jordi, onde a tradición agasalla cunha rosa e un libro. No colexio conmemoramos o Día do Libro coa visita de Susa Herrera. Ela naceu en Santander e adicou a súa traxectoria profesional á docencia e á divulgación musical. Foi profesora titular de Expresión Musical na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte do campus de Pontevedra. É autora de moitos contos para nenos e nenas e leva toda a vida demostrando que os contos tamén se cantan e ademáis pódense bailar. Agora está xubilada, máis segu...

OS PITIÑOS CAMBIARON DE CASA

 Os pitiños xa teñen 15 días e están moi grandes, por iso hoxe preparamos unha nova casiña no almacen dos xoguetes. Agora van ter máis espazo para moverse.