Adicamos esta semana a ler nos vinte minutos da Hora de Lectura prensa autonómica, nacional e internacional, fixándonos nas partes en que se compón un xornal. Tamén buscamos novas relacionadas co medio ambiente, lémolas, comentámolas e recortámolas para facer un libro de noticias con información para acadar un desenvolvemento máis sostible.
Hoxe a rapazada de 2º de primaria expuxo o seu traballo sobre Economía Circular.


Comentarios
Publicar un comentario