Hoxe levamos unha sorpresa! Xa fai uns quince días que recollemos uns poucos vermes dos buxos e metémolos nun bote de cristal, logo levámolos polas clases para ensinalos e hoxe cal foi a nosa sorpresa ao observar que no bote apareceu unha bolboreta!! De modo que volvemos a pasar o frasco polas clases para que todo o alumnado poidese ver esta pequena bolboreta de cor azulada e bordes escuros, pareceunos fermosa, pero non podemos esquecer que se trata dunha especie invasora na nosa contorna.
Continuamos coas exposicións de temática medioambiental relacionadas co proxecto de centro "Coida do clima, coida dos teus". 2º de primaria foi o curso encargado de proseguir o proceso expositivo co seu traballo "A Economía Circular" conmemorando así o Día Internacional do Consumo Responsable que se celebrou o 15 de marzo. A economía circular é vital para combatir o cambio climático xa que aborda o 70% das emisións globais de gases de efecto invernadoiro derivadas da extración e uso de materiais. Ao reutilizar, reparar e reciclar produtos redúcese a necesidade de recursos virxenes, disminuindo a enerxía e a contaminación asociadas. Podemos considerar o noso sistema económico actual como unha economía "lineal", un modelo que extrae materia prima da natureza, creando produtos a partir dela e cando xa non serven tíranse como residuos. Esto produce un impacto significativo sobre o medio ambiente, agravando a crise climática, a pérdida de biodiversidade e p...












Comentarios
Publicar un comentario