Saltar ao contido principal

BOTANDO O MILLO CORVO

 Nesta semana, distintos cursos estiveron traballando na horta, fancendo labores de limpeza e botando o millo corvo, así cando medre, alá para outubro, poderemos alimentar ás nosas galiñas de Mos.

O millo é unha planta da familia das gramíneas, orixinaria de América, que chegou á zona do Morrazo arredor do ano 1618 co nome de maíz (adaptación de mahís). Pero este nome non prendeu en Galicia e comezóuselle a chamar co mesmo nome que o cereal que acabaría substituíndo, o millo. E para distinguir un do outro, o vello recibiu diversos nomes como: paínzo, millo miúdo, millo dos paxaros…

O millo pode presentar diferentes cores debido ao proceso de polinización, pois cada pistilo producirá un gran e, se reciben pole de estames de plantas diferentes e de cores diversas, a mazaroca “pintarase” de diferentes cores.

 Os grans máis escuros son os que máis compostos antioxidantes teñen.

Este millo tamén é especial polas súas características xenéticas que fan que se adapte moi ben a terreos duros nas que outros cereais non crecen, polo que se emprega como cultivo de transición entre as zonas boscosas e os terreos de cultivo, ademais de servir como protección contra as aves depredadoras como o corvo.

Co paso do tempo, e a aparición de millos híbridos que se adaptaban a calquera terreo e clima, o cultivo do millo corvo descendeu, pero non desapareceu grazas ás xentes que seguían cultivándoo xa como cultivo de transición, xa para obter a súa fariña, ingrediente principal das filloas de sangue de porco, da bola de nadal, de certo modo tradicional de facer os chourizos…

Para evitar a súa desaparición, a Asociación Cultural Meiro (Bueu) leva dende 1997 traballando para recuperar o millo corvo tanto para nós como para as xeracións futuras. Durante todo o ano coidan do millo, un arduo traballo que vai desde a sementeira na primavera ata a recollida a finais do inverno e na que colaboran tamén os veciños.
















































Comentarios

Publicacións populares deste blog

1º PRIMARIA: AS PLANTAS E OS SEUS BENEFICIOS

 Para conmemorar o Día dos Humidais (2 de febreiro) hoxe comezamos coas exposicións sobre os traballos de investigación de temática medioambiental. As rapazas e rapaces de 1º de primaria fixeron a súa posta en escena ao resto do centro educativo do seu proxecto: As plantas e os seus beneficios . Despois contaron o conto de Ledicia Costas Sete dentes de león, recitaron un poema sobre o arco da vella e remataron bailando e cantando unha canción sobre as plantas. As plantas son seres vivos que precisan: auga, terra, aire e luz do sol para vivir. Viven fixas á terra e constan de raiz, talo, pólas e follas. Cada parte realiza unha función específica e das súas flores nacen os froitos. Van sufrindo cambios ao longo das estacións do ano. Reprodúcense por sementes ou pólas. Tanto a asociación como a rotación de cultivos ofrecen moitas vantaxes na horta, xa que eliminan pragas e enfermidades. Hai estudos científicos que certifican os beneficios das plantas sobre as persoas, pois crean un a...

DÍA DO LIBRO CON SUSA HERRERA.

    O Día Internacional do Libro foi fixado pola   UNESCO no ano   1995 para fomentar a cultura literaria e protexer a propiedade intelectual; tendo como obxectivo apoiar a creatividade, a diversidade e a igualdade de acceso ao coñecemento. Escolleuse esta data porque coincide co pasamento de tres grandes autores da literatura universal, como foron: William Shakespeare, Garcilaso de la Vega e Miguel de Cervantes .  En Cataluña a xornada cadra tamén co Día de Sant Jordi, onde a tradición agasalla cunha rosa e un libro. No colexio conmemoramos o Día do Libro coa visita de Susa Herrera. Ela naceu en Santander e adicou a súa traxectoria profesional á docencia e á divulgación musical. Foi profesora titular de Expresión Musical na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte do campus de Pontevedra. É autora de moitos contos para nenos e nenas e leva toda a vida demostrando que os contos tamén se cantan e ademáis pódense bailar. Agora está xubilada, máis segu...

OS PITIÑOS CAMBIARON DE CASA

 Os pitiños xa teñen 15 días e están moi grandes, por iso hoxe preparamos unha nova casiña no almacen dos xoguetes. Agora van ter máis espazo para moverse.