Contando coa colaboración de Toño Ramos, un veciño moi mañoso e comprometido co medio ambiente, que tivo a consideración de crear para o noso colexio un fogar de insecto, apoiando con esta acción o noso proxecto de centro " A defensa das nosas especies: o noso mellor legado". Para a súa elaboración reutilizou caixas de froita de madeira, amais cortounos e furounos os distintos materiais naturais que empregaremos para encher o fogar ( carolos, canavelas...), tarefa da que se encargarán os nenos e nenas do colexio esta próxima semana.
Hoxe a rapazada de 2º de primaria expuxo o seu traballo sobre Economía Circular.

























Comentarios
Publicar un comentario