Estes días atopamos polo noso patio un novo exemplar de bolboreta, é grande e de cor marrón. É coñecida como esfinxe do álamo, Laothoe populi.
En forma de verme pode medir 85 mm e ter diferentes formas, xeralmente é de cor verde con manchas brancas ou amarelas, acabando no rabo cunha cor averdada. Ten unha forma robusta e gorda. Os ovos son longos, esféricos e de cor verde clara.
Cando se converte en bolboreta pode ter unha envergadura alar de 70 ou 100 mm. A cabeza, tórax e abdome son de cor marrón clara. Aliméntase de chopos e salgueiros. Vive poucos días, tendo que aproveitar o tempo para emparellarse e por os ovos.
Comentarios
Publicar un comentario