Que sorpresa máis fermosa tivemos hoxe pola mañá cando chegamos ao cole, xa que poidemos ver a bolboreta do Papilio Machaon, que despois de oito meses metida no casulo, engaiolounos coas súas preciosas cores á primeira hora da xornada. Na última hora da mañá decidimos soltala en liberdade para que poidese alimentarse ao aire libre e voase con soltura despois de tanto tempo encerrada no seu casulo.
Continuamos coas exposicións de temática medioambiental relacionadas co proxecto de centro "Coida do clima, coida dos teus". 2º de primaria foi o curso encargado de proseguir o proceso expositivo co seu traballo "A Economía Circular" conmemorando así o Día Internacional do Consumo Responsable que se celebrou o 15 de marzo. A economía circular é vital para combatir o cambio climático xa que aborda o 70% das emisións globais de gases de efecto invernadoiro derivadas da extración e uso de materiais. Ao reutilizar, reparar e reciclar produtos redúcese a necesidade de recursos virxenes, disminuindo a enerxía e a contaminación asociadas. Podemos considerar o noso sistema económico actual como unha economía "lineal", un modelo que extrae materia prima da natureza, creando produtos a partir dela e cando xa non serven tíranse como residuos. Esto produce un impacto significativo sobre o medio ambiente, agravando a crise climática, a pérdida de biodiversidade e p...























Comentarios
Publicar un comentario