Saltar ao contido principal

DÍA MUNDIAL DOS OCÉANOS

 Aínda que o Día Mundial dos Océanos é o 8 de xuño no CEIP Xoaquín Loriga de Prado celebrarémolo o luns día 10 visualizando o documental  "Lo que el pulpo me enseñó" e outras curtametraxes que poñen de manifesto a necesidade de coidar dos nosos océanos pois desempeñan un papel fundamental na vida cotiá, xa que son os pulmóns do noso planeta, unha fonte importante de alimentos e medicinas; e unha parte importante da biosfera. Ademais, contamos coa exposición do CEIDA "Áreas mariñas protexidas" situada no corredor do 3º ciclo que nos aporta información sobre este tema.

No 2008 a ONU proclamou o 8 de xuño como o Día dos Océanos co obxectivo de darlle visibilidade ao papel clave que teñen para protexer a vida no noso planeta e amosar o moito que sofren  cos cambios de temperatura derivados do cambio climático. Só un terzo da terra é superficie seca, por iso o noso planeta se ve azul desde o espazo, o resto do planeta é océano, e nel hai vida en todas partes. Grazas á presenza do fitoplancto os océanos producen entre o 50 e o 85% do osíxeno que se libera cada ano, ademais, os mares actúan como un importante sumidoiro de dióxido de carbono, o que reduce considerablemente os niveis de gases de efecto invernadoiro na atmosfera.

Os ecosistemas e os océanos están en perigo e necesitan que actuemos. Ambos son moi importantes para a vida e a nosa obriga é contribuír a que permanezan libres de contaminación. Estes son algúns consellos que se os respectas, axudarás a salvar os ríos, océanos e todos os ecosistemas do  planeta Terra.

Non o dubides e lembra:

1. Utiliza menos produtos de plástico.
2. Fai compras sostibles de produtos de mar.
3. Usa produtos biodegradables nas praias.
4. Non tires lixo nos ríos.
5. Viaxa polo mar responsablemente.
6. Non compres produtos que afectan a vida mariña.
7. Reduce as emisións de gases e o consumo de enerxía.
8. Apoia organizacións que traballan a favor dos océanos. 9. Reduce e recicla.

  💙“Coidar o Medio Ambiente é valorar a Vida”💚


                               



















Comentarios

Publicacións populares deste blog

ECONOMÍA CIRCULAR. 2º DE PRIMARIA.

Continuamos coas exposicións de temática medioambiental relacionadas co proxecto de centro  "Coida do clima, coida dos teus".   2º de primaria foi o curso encargado de proseguir o proceso expositivo co seu traballo "A Economía Circular" conmemorando así o Día Internacional do Consumo Responsable que se celebrou o 15 de marzo.  A economía circular é vital para combatir o cambio climático xa que aborda o 70% das emisións globais de gases de efecto invernadoiro derivadas da extración e uso de materiais. Ao reutilizar, reparar e reciclar produtos redúcese a necesidade de recursos virxenes, disminuindo a enerxía e a contaminación asociadas. Podemos considerar o noso sistema económico actual como unha economía "lineal", un modelo que extrae materia prima da natureza, creando produtos a partir dela e cando xa non serven tíranse como residuos. Esto produce un impacto significativo sobre o medio ambiente, agravando a crise climática, a pérdida de biodiversidade e p...

DÍA DO LIBRO CON SUSA HERRERA.

    O Día Internacional do Libro foi fixado pola   UNESCO no ano   1995 para fomentar a cultura literaria e protexer a propiedade intelectual; tendo como obxectivo apoiar a creatividade, a diversidade e a igualdade de acceso ao coñecemento. Escolleuse esta data porque coincide co pasamento de tres grandes autores da literatura universal, como foron: William Shakespeare, Garcilaso de la Vega e Miguel de Cervantes .  En Cataluña a xornada cadra tamén co Día de Sant Jordi, onde a tradición agasalla cunha rosa e un libro. No colexio conmemoramos o Día do Libro coa visita de Susa Herrera. Ela naceu en Santander e adicou a súa traxectoria profesional á docencia e á divulgación musical. Foi profesora titular de Expresión Musical na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte do campus de Pontevedra. É autora de moitos contos para nenos e nenas e leva toda a vida demostrando que os contos tamén se cantan e ademáis pódense bailar. Agora está xubilada, máis segu...

ACOLLIDA DO NOVO ALUMNADO DE INFANTIL

 Hoxe na nosa Aula da Natureza fixemos a acollida do alumnado de nova incorporación para o novo curso de 4º de infantil. Comezouse  cunha actividade de benvida con fotos destes novos nenos e nenas ,  despois fixeron outra actividade titulada "Abrazo á árbore",  que consistía en abrazar distintas árbores con cintas elásticas de cores, tamén   compartiron cancións, xogos e  unha merenda saudable na nosa fermosa carballeira.