A segunda visita a Marcelle fíxoa a rapazada de infantil e primeiro ciclo de primaria coincidindo co Día Mundial do Medio Ambiente. Nenos e nenas gozaron dunha xornada de lecer viaxando en autobús ata Outeiro de Rei para observar e desfrutar da paisaxe e dos animais.
O Día Mundial do Medio Ambiente conmemórase o 5 de xuño e estes últimos doce meses resultaron os máis calurosos dende que hai rexistros. Por outra banda, dende xuño de 2023 a temperatura media do planeta está 1,6 graos por riba dos niveis preindustriais. O planeta xa nos está enviando avisos sobre estes cambios no clima, por iso temos que reducir de forma drástica as emisión de efecto invernadoiro para evitar ou aminorar todo o que está ocorrendo:
- aumento dos prezos.
- inseguridade alimentaria.
- desastres naturais.
- enfermidades.
- máis mortes.
Comentarios
Publicar un comentario