O novo proxecto de centro para este curso 2024-25 leva por título: Ciencia para un futuro sostible, co cal pretendemos continuar fomentando na nosa comunidade educativa unha educación ambiental. Este ano centrarémonos no coñecemento e uso da ciencia e o método científico como elemento fundamental para coidar e protexer o medio ambiente. A investigación e innovación científica e técnica serán fundamentais para salvagardar a natureza.
Para afondar neste proxecto será necesario que cada grupo clase, ao longo do curso, investigue, observe e analice arredor destas temáticas:
E. Infantil: O vento.
1º de E. Primaria: As plantas e o seus beneficios.
2º de E. Primaria: A auga.
3º de E.Primaria: A paisaxe.
4º de E.Primaria: As borrascas.
5º de E. Primaria: A biomasa.
6º de E. Primaria: As fontes de enerxía.

Comentarios
Publicar un comentario