Saltar ao contido principal

DÍA DO LECTOR E DA LECTORA

Como cada ano o 3 de novembro homenaxeamos o día do nacemento de Xosé Neira Vilas, escritor galego. 

Neste día adicado ao lector/a propoñemos a realización dun marcapáxinas con temática da obra más recoñecida de dito autor:" Memorias dun neno labrego". Un libro no que o escritor transmite os recordos  e aventuras dos nenos da aldea e onde os elementos da natureza teñen un plano especial.

Incentivamos ao alumnado á lectura coa cercanía coa que nos toca este autor nado en Vila de Cruces e tan relevante na historia da literatura galega. 

Neira Vilas na súa casa en Gres.









Comentarios

Publicacións populares deste blog

DÍA DO LIBRO CON SUSA HERRERA.

    O Día Internacional do Libro foi fixado pola   UNESCO no ano   1995 para fomentar a cultura literaria e protexer a propiedade intelectual; tendo como obxectivo apoiar a creatividade, a diversidade e a igualdade de acceso ao coñecemento. Escolleuse esta data porque coincide co pasamento de tres grandes autores da literatura universal, como foron: William Shakespeare, Garcilaso de la Vega e Miguel de Cervantes .  En Cataluña a xornada cadra tamén co Día de Sant Jordi, onde a tradición agasalla cunha rosa e un libro. No colexio conmemoramos o Día do Libro coa visita de Susa Herrera. Ela naceu en Santander e adicou a súa traxectoria profesional á docencia e á divulgación musical. Foi profesora titular de Expresión Musical na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte do campus de Pontevedra. É autora de moitos contos para nenos e nenas e leva toda a vida demostrando que os contos tamén se cantan e ademáis pódense bailar. Agora está xubilada, máis segu...

OS PITIÑOS CAMBIARON DE CASA

 Os pitiños xa teñen 15 días e están moi grandes, por iso hoxe preparamos unha nova casiña no almacen dos xoguetes. Agora van ter máis espazo para moverse.