Do 4 de novembro ao 4 de decembro poderemos gozar no noso centro das lecturas da Maleta Climática do CEIDA e ampliar a información para os traballos de temática ambiental.
A maleta climática forma parte do programa Por unha Transición ecolóxica que o CEIDA desenvolve co apoio da diputación de A Coruña e axudando a acadar varios obxectivos da Axenda 2030.
O propósito é que o alumnado dos centros educativos solicitantes comprenda a problemática do cambio climático e da crisis global, coñeza os escenarios do futuro que podemos atopar se non comezamos a actuar canto antes, así como as ferramentas que a cidadanía pode ter para mitigalo.
Comentarios
Publicar un comentario