Comezamos novembro conmemorando o mes da ciencia cun obradoiro impartido por dúas científicas do grupo de biotecnoloxía de especies leñosas da misión Biología de Galicia que pertence ao Centro Superior de Investigacións Científicas, CSIC. Conchi Sánchez e Nieves Vidal realizaron na biblioteca escolar obradoiros co alumnado dos diferentes cursos. As investigadoras explicaron o traballo que desenvolven no laboratorio para coidar e conservar especies leñosas autóctonas coma: o carballo, a sobreira, o castiñeiro e árbores monumentais tratando de reproducilas empregando técnicas de biotecnoloxía. Con estes obradoiros queren fomentar nas rapazas e rapaces o amor pola natureza e conciencialos da importancia das árbores e da súa conservación.
Continuamos coas exposicións de temática medioambiental relacionadas co proxecto de centro "Coida do clima, coida dos teus". 2º de primaria foi o curso encargado de proseguir o proceso expositivo co seu traballo "A Economía Circular" conmemorando así o Día Internacional do Consumo Responsable que se celebrou o 15 de marzo. A economía circular é vital para combatir o cambio climático xa que aborda o 70% das emisións globais de gases de efecto invernadoiro derivadas da extración e uso de materiais. Ao reutilizar, reparar e reciclar produtos redúcese a necesidade de recursos virxenes, disminuindo a enerxía e a contaminación asociadas. Podemos considerar o noso sistema económico actual como unha economía "lineal", un modelo que extrae materia prima da natureza, creando produtos a partir dela e cando xa non serven tíranse como residuos. Esto produce un impacto significativo sobre o medio ambiente, agravando a crise climática, a pérdida de biodiversidade e p...



































Comentarios
Publicar un comentario