Saltar ao contido principal

OBRADOIROS DE PAPEL RECICLADO

 Novembro é o mes da ciencia e dende o noso colexio organizamos distintos obradoiros de experimentos durante o recreo para que as nenas e nenos poidan participar de xeito voluntario.

 Nesta semana, do 11 ao 15 de novembro  elaboraremos papel reciclado empregando restos de papel sobrante desfeito en anaquiños pequenos, ao que engadiremos cola e auga. Logo cunha variña de bater desfaise formando unha pasta. Despois hay que pescar os anaquiños de papel cun bastidor, colocalos sobre unha tea e por último prensalos.




































































































PORTAL DA LINGUA  programa de televisión

Os nosos experimentos CRA Monterrei

Experimentos no CEIP Eduardo Pondal de Vigo CEIP Eduardo




Comentarios

Publicacións populares deste blog

DÍA DO LIBRO CON SUSA HERRERA.

    O Día Internacional do Libro foi fixado pola   UNESCO no ano   1995 para fomentar a cultura literaria e protexer a propiedade intelectual; tendo como obxectivo apoiar a creatividade, a diversidade e a igualdade de acceso ao coñecemento. Escolleuse esta data porque coincide co pasamento de tres grandes autores da literatura universal, como foron: William Shakespeare, Garcilaso de la Vega e Miguel de Cervantes .  En Cataluña a xornada cadra tamén co Día de Sant Jordi, onde a tradición agasalla cunha rosa e un libro. No colexio conmemoramos o Día do Libro coa visita de Susa Herrera. Ela naceu en Santander e adicou a súa traxectoria profesional á docencia e á divulgación musical. Foi profesora titular de Expresión Musical na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte do campus de Pontevedra. É autora de moitos contos para nenos e nenas e leva toda a vida demostrando que os contos tamén se cantan e ademáis pódense bailar. Agora está xubilada, máis segu...

OS PITIÑOS CAMBIARON DE CASA

 Os pitiños xa teñen 15 días e están moi grandes, por iso hoxe preparamos unha nova casiña no almacen dos xoguetes. Agora van ter máis espazo para moverse.